Eis acó un percorrido lendario pola estreitura das rúas de Vilaza, e como guía, outra volta, o xenial cronista tamagano Bruno Rúa (moito obrigado por todo o aportado), e na inestimable compaña de Anita, Lola, Clara, Manolo, Xosé Luís, Javier e esposa, Emilio, Chelo, Míriam, Claudia, Lois e Xosé Ramón.
|
Os enigmáticos petróglifos da prehistoria. |
|
Ponte de alicerces romanos. |
|
A historia negra da vila, un tempo convulsivo. |
|
Anduriña de cu branco, unha importante especie colonial. |
|
Cegoña ou balde. |
|
Repítense as Figueiras chumbas. |
|
Capela do San Brais, onde conta a xente que tivo orixe o pobo. |
|
Pedra romana reutilizada. |
|
Base dunha columna romana. |
|
Pedra labrada cunha serpe, de orixe romana, reutilizada na igrexa da Cruz. |
|
Data de consagración da igrexa aló polo século XIII se mal se lembra un. |
|
Cruz no muro leste de posible orixe da orde do Temple. |
|
Estela romana con cinco nomes, dous deles de orixe indíxena. |
|
Igrexa da Cruz onde semella haber existido na idade media un cenobio mixto de homes e mulleres. |
|
Arqueoloxía contemporánea. |
|
Máis petróglifos nunha pedra reutilizada. |
|
Almofadado de orixe romana. |
|
Posible miliario romano incrustado na parede. |
|
Outra base de columna romana. |
|
Palleira típica da bisbarra para secar palla, millo ou herba. |
|
Escaleiras e corredores omnipresentes nestas construcións tradicionais. |
|
Ara romana. |
|
Outros Mundos son posibles. |
|
Columnas romanas. |
|
Axadrezado da primitiva igrexa románica. |
|
Fendas na torre que ameazan derrube. |
|
Torre da igrexa, separada do templo, de estilo románico con influencia dos Templarios. |
|
Imaxe facilitada por Bruno Rúa, detalle da pedra reutilizada na torre da igrexa, de orixe romana con significado incerto. |
|
Máis outro dos pazos da vila. |
|
Fotografía antiga facilitada por Emilio Rúa. |
|
Imaxe facilitada por Bruno Rúa do extraordinario pontillón que existíu ata fai relativamente pouco tempo, unha mágoa que se perdera esta xoia. |
|
Imaxe facilitada por Bruno Rúa da etiqueta do embotellamento da auga de Requeixo. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario