mércores 05 outubro 2016

Tír na nÓg

Eis cá unha pasaxe ao Alén
onde moran as ialmas dos xustos,
o lugar eternamente verde,
Tír na nÓg
ou o cimo do Larouco,
e o vento asubiaba
cunha anterga cantiga
entre fragas e xanzás,
e os Celtas pregaban
a unha divindade esquencida,
enxergada entre néboas e mazás,
e no infindo
o arrecendo do océano
e o firmamento.
 




Sorbus aucuparia







Gentiana pneumonante

Celtic people







O lume é xente, grita.
Mira a auga, tamén é xente, a auga está viva.
O lume é xente forte.
O lume enfádase, na taiga ardeu moitos días, e cando se enfada, da medo.
A auga tamén da medo, e o vento cando se enfada.
O lume a auga e o vento son xente moi forte.

Dersú Uzalá

venres 19 agosto 2016

Polas rúas de Vilaza, des a prehistoria até ás estrelas

Eis acó un percorrido lendario pola estreitura das rúas de Vilaza, e como guía, outra volta, o xenial cronista tamagano Bruno Rúa (moito obrigado por todo o aportado), e na inestimable compaña de Anita, Lola, Clara, Manolo, Xosé Luís, Javier e esposa, Emilio, Chelo, Míriam, Claudia, Lois e Xosé Ramón.


Os enigmáticos petróglifos da prehistoria.



Ponte de alicerces romanos.




A historia negra da vila, un tempo convulsivo.

Anduriña de cu branco, unha importante especie colonial.


Cegoña ou balde.






Repítense as Figueiras chumbas.

Capela do San Brais, onde conta a xente que tivo orixe o pobo.



Pedra romana reutilizada.








Base dunha columna romana.



Pedra labrada cunha serpe, de orixe romana, reutilizada na igrexa da Cruz.



Data de consagración da igrexa aló polo século XIII se mal se lembra un.


Cruz no muro leste de posible orixe da orde do Temple.






Estela romana con cinco nomes, dous deles de orixe indíxena.

Igrexa da Cruz onde semella haber existido na idade media un cenobio mixto de homes e mulleres.

Arqueoloxía contemporánea.


Máis petróglifos nunha pedra reutilizada.




Almofadado de orixe romana.

Posible miliario romano incrustado na parede.


Outra base de columna romana.








Palleira típica da bisbarra para secar palla, millo ou herba.


Escaleiras e corredores omnipresentes nestas construcións tradicionais.




Ara romana.






Outros Mundos son posibles.






 









 











Columnas romanas.




Axadrezado da primitiva igrexa románica.


Fendas na torre que ameazan derrube.

Torre da igrexa, separada do templo, de estilo románico con influencia dos Templarios.



Imaxe facilitada por Bruno Rúa, detalle da pedra reutilizada na torre da igrexa, de orixe romana con significado incerto.

Máis outro dos pazos da vila.




Fotografía antiga facilitada por Emilio Rúa.
 
Imaxe facilitada por Bruno Rúa do extraordinario pontillón que existíu ata fai relativamente pouco tempo, unha mágoa que se perdera esta xoia.

Imaxe facilitada por Bruno Rúa da etiqueta do embotellamento da auga de Requeixo.